Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Obradoiros

Atrás Taller de iniciación ao cómic na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz

Taller de cómic de Xosé Tomás

O mércores, 16 de marzo, ás 10 e ás 11.45 horas, na Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Santa Cruz realizaranse dous talleres de iniciación ao cómic co ilustrador Xosé Tomás, dirixidos a alumnado de 4º de Primaria, do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, para explicarlles, de forma sinxela, os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc. Todas estas nocións estarán adaptadas á idade do alumnado.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.