Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.

Obradoiros

Atrás Dedicatorias lindas

Grazas, Óscar!

Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!Óscar Villán é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración infantil, "O coelliño branco" recibíu o Premio Nacional de Ilustración en 1999. Fai escultura (marionetas de barro) e fotografía.
Deseña carteis, murais e etiquetas de cervexa. Colaborou con revistas como CLIJ, El Ciervo, Retranca ou El Exportador e participou en exposicións en Ourense, Bolonia, Bratislava ou Pekín. Ten numerosos premios: o xa mencionado Premio Nacional de Ilustración en 1999 por "O coelliño branco" (Kalandraka) e o Premio Coerenza Gráfica-Testo Un Libro per L'Ambiente en 2010 pola mesma obra.
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!
Dedicatorias lindas. Grazas, Óscar!Foi incluído na Lista de Honor de CLIJ coa obra "Os dous corcovados" en 2002 (Kalandraka). Gañador do Premio Lecturas GÁLIX en 2005 coa obra "O caracol remoldiño" (Edicións Xerais de Galicia). Lista de Honor de CLIJ en 2004 coa obra "Adiviñas de animais" (Kalandraka). Lista de Honor de CLIJ en 2004 coa obra "Cocodrilo" (Kalandraka). 
Gústalle ir polo monte de parola, bañarse no río e en mar aberto, subir montañas e ir ao cine. Desde 2014 Óscar Villán colabora no programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello e algún dos libros ilustrados por el, como "No país do vento" de Charo Pita, foi escollido para as Recomendacións en Radioleiros
Deixóunos estas fermosas dedicatorias como recordo da súa última visita. Moitas grazas, Óscar!