Letras galegas

Atrás Letras Galegas 2014: Homenaxe de Fuxan os Ventos a Xosé María Díaz Castro

http://www.pinterest.com/pin/520095456939714431/
Mentras prepara o seu novo traballo discográfico o grupo Fuxan os Ventos vai sumarse á celebración do Día das Letras Galegas cunha pequena homenaxe a Xosé María Díaz Castro. O grupo ven de colgar na rede, de xeito gratuito, unha nova versión do poema máis coñecido e versionado do autor: Penélope, que recolle un recitado do propio Díaz Castro
 

Fuxan para esta ocasión contou coas colaboracións de Xosé Lois Romero no acordeón, Alejandro Masafret "Masa" no baixo e Roi Adrio na percusión. O vídeo foi dirixido e realizado por Melania Freire Vázquez e Hadrián Gómez Vázquez.
 http://youtu.be/kQKUCvjHpTE