Letras galegas

Atrás A obra Rosalía chega a Mera esta fin de semana

Oleiros, 10 de maio de 2021-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros programou para o vindeiro 16 de maio, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a obra Rosalía. Un espectáculo para as familias a través do que se fai un achegamento á vida e obra de Rosalía de Castro. 

 

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia. A obra está recomendada para maiores de 5 anos, é gratuíta con inscrición previa a través do seguinte enlace: https://forms.gle/BFo87QAgPRbaiX1Q9.

 

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.