Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Programación

Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril

Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril

"Verde que te quero verde", Charla a cargo de Mª del Mar Dominguez Pacheco, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en...

    Imaxe Ler para saber  A CIENCIA: 8 de abril Ler para saber A CIENCIA: 8 de abril

    Ler para saber A CIENCIA: 8 de abril

    "Pero... de que están feitas as cousas?", Charla a cargo de Moisés Canle López, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e...

      Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril

      Ler para saber A CIENCIA: 1 de abril

      "Remedios populares: serven os mexos para curar as picaduras de medusas?", Charla a cargo de Francisco Doménech Casteleiro, dirixida a nenos e...

        Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 25 de marzo Ler para saber A CIENCIA: 25 de marzo

        Ler para saber A CIENCIA: 25 de marzo

        "Biografía do corpo humano", Charla a cargo de Francisco Armesto Ramón, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en...

          Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 18 de marzo de 2011 Ler para saber A CIENCIA: 18 de marzo de 2011

          Ler para saber A CIENCIA: 18 de marzo de 2011

          "Soluble ou insoluble?". Charla a cargo de Óscar Cabeza Gras, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral . Na...

            Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 25 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 25 de febreiro

            Ler para saber A CIENCIA: 25 de febreiro

            "Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca".Charla a cargo de Francisco Franco del Amo, dirixida a...

              Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 18 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 18 de febreiro

              Ler para saber A CIENCIA: 18 de febreiro

              SUSPÉNDESE a charla "A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos". a cargo de Roberto Bao Casal, prevista para hoxe venres 18...

                Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

                Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

                "Mutantes...". Charla a cargo de Andrés Martínez Lage, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral . Na...

                  Imaxe Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

                  Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

                  "E se os coches non fixeran ruído?, E se só soltaran vapor de auga?". Charla a cargo de Socorro Castro García, dirixida a nenos e nenas a partir de...

                    Imaxe Ler para saber: 28 de xaneiro Ler para saber: 28 de xaneiro

                    Ler para saber: 28 de xaneiro

                    "Para que serven as matemáticas?", Charla a cargo de José Manuel Rodríguez Seijo, dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e...

                      Imaxe Ler para saber: 21 de xaneiro Ler para saber: 21 de xaneiro

                      Ler para saber: 21 de xaneiro

                      "O teu corpo produce electricidade!". Xurxo Mariño Alfonso. Charla dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral....