Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Programación

Atrás Ler para saber A CIENCIA 2024

Charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Ler para saber 2024: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Realizamos unha nova programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son seis charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e a nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), os venres 2 e 23 de febreiro15 de marzo19 de abril10 e 24 de maio, ás 18:30 horas.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.

Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un publico de gustos diversos e variados: 

- 2 de febreiro

A ciencia na arte

Gemma Andújar Santos. Profesora de Educación Secundaria

- 1 de marzo

A importancia da conservación dos océanos

Sebastián Losada Figueiras. Ecoloxista e activista. Licenciado en Ciencias do Mar. Asesor de Greenpeace Internacional

- 15 de marzo

Construímos unha nave espacial

Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias

- 19 de abril

O corazón: función, patoloxías e coidados   

Enrique Iglesias Río. Cardiólogo no CHUAC e no Hospital San Rafael

- 10 de maio

Investigación sobre microalgas  

Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

- 24 de maio

Arquitectura sostible: casa bioclimática e casa ecolóxica

Marcos Álvarez Montes e Susana Moriyón Romero. Arquitectos.

Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.