Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Homenaxes e conmemoracións

Atrás Abril, mes dos libros: Día do Libro Infantil e Xuvenil

O mes de abril é de celebración! O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 o Día Mundial do Libro. As Bibliotecas Municipais de Oleiros ofrecémosche actividades de promoción da lectura para festexar estas importantes datas.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Hora do Conto:
- 4 de abril ás 18:30 h. Contacontos con Migallas Teatro: "Unha granxa chea de contos". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 11 de abril ás 18:30 h. Contacontos con Tarabelos: "O traxe novo do rei". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica: obras ilustradas por Elena Odriozola e Paloma Valdivia, nominadas ao Premio Andersen 2024.



Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2 de abril. A Xanela do Maxín: "Sorpresa". Para alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 3 de abril. Pablo Díaz, músico e contador de contos: "Cantos contos canto". Para alumnado de 4º de primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 4 de abril: Charo Pita, escritora e contadora de contos: "A noite das mudanzas". Para alumnado de 4º de E. Infantil do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 5 de abril: Compañía Trémola Teatro: "Anuncio por palabras" baseado na obra "Contos por palabras" de Agustín Fernández Paz. Para alumnado de 3º de Ensinanza Primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 8 de abril: Ramiro Neira, actor e contador de contos: "Avó". Para alumnado de 5º e 6º de E. Primaria do CEIP Valle Inclán de Perillo.
- 9 de abril: Charo Pita, escritora e contadora de contos: "As metamorfoses de Ovidio", baseado na obra do poeta romano. Para alumnado de 2º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.
- 11 de abril: Óscar Villán, ilustrador: "Aproximación á ilustración". Charla para alumnado de 5º de Ensinanza Primaria do CEIP Juana de Vega de San Pedro de Nós.



Biblioteca e Centro de Documentación "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)

Hora do Conto:
- 3 de abril ás 18:30 h. Compañía Trémola Teatro: "Bos días, Leo". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 10 de abril ás 17:30 h. Ciencia Kids: "Maxia e ciencia". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2 de abril. Galeatro: "Non teño medo!". Para alumnado de 1º de E. Primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.
- 3 de abril. A Xanela do Maxín: "Sorpresa". Para alumnado de 4º e 6º de E. Infantil do CEIP Luis Seoane de Mera.
- 4 e 5 de abril. Ramiro Neira, actor e contador de contos: "Preparados, listos xa!: a volta ao mundo en menos dunha hora". Para alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primaria dos CEIP Luis Seoane de Mera e Isidro Parga Pondal de Sta. Cruz.
- 9 de abril. Compañía Trémola Teatro: "A gran aventura dos animais". Para alumnado de 1º de E. Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Sta. Cruz.

Mostra "Cómic. Unha viñeta para ti": selección de banda deseñada clásica ou contemporánea. Navega polas viñetas coas alas da imaxinación.

Actividade "Non molestar. Estamos lendo". Deseña o teu propio colgador para a porta da túa habitación.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)

Hora do Conto:
- 2 de abril ás 18:30 h. Compañía Trémola Teatro: "Leo e os números". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
- 9 de abril ás 17:40 h. Heroes para a Ciencia: "Actividade científica". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 2, 3, 4 e 5 de abril. Chus Álvarez, actriz: "Voar sen medo", baseado na obra "Valados" de Agustín Fernández Paz. Para alumnado de 4º, 5º e 6º de Ensinanza Primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros.
- 9 de abril. Trinketrinke Teatro: "Riciños de ouro e os tres osos". Para alumnado de 4º e 6º de E. Infantil do CEIP A Rabadeira de Oleiros.
- 10 de abril. Trinketrinke Teatro: "Familias diversas". Para alumnado de 5º de E. Infantil do CEIP A Rabadeira de Oleiros.

Mostra "Contos de Andersen". Selección dos contos máis famosos de Andersen como: O soldadiño de chumbo, O parruliño feo, O reiseñor, As mazás da prosperidade, etc.

Actividade “Teño moito conto”. Crea a túa propia historia nun pequeno libriño en branco.



Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" (Mera)

Hora do Conto:
- 5 de abril ás 17:00 h. Isabel Pintado: "AnimAlario". Para nenas e nenos maiores de 6 anos.

Mostra "O Grúfalo" adicada a Julia Donaldson, creadora deste clásico infantil no seu 25 aniversario.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda)

Hora do Conto:
- 8 de abril ás 18:30 h. A Xanela do Maxín: "U-la lúa?". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica de autoras e autores xaponeses de literatura xuvenil en homenaxe a Xapón, país patrocinador do Día Internacional do Libro Infantil neste ano 2024. A xente máis nova poderá colorear personaxes kawaii.

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)

Hora do Conto:
- 12 de abril. Fran Amil: "Con ou sen consentimento". Para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica de obras de ilustradoras e ilustradores gañadoras do Premio Andersen.



Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)

Hora do Conto:
- 11 de abril ás 18:30 h. A Xanela do Maxín: "Os libros da titiriteira". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica sobre as principais obras de H.C. Andersen, dirixida  a nenos e nenas.

"Deseña unha portada". Fichas de portadas de libros baleiras có titulo do libro, onde as nenas e nenos deberán deseñar a súa propia portada.

Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas  non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.