Festa da Lingua

Festa da Lingua organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros cun feixe de actividades para familias

Sábado 11 de maio

Teatro e parque das Torres de Santa Cruz

O teatro e parque das Torres acollerá o próximo sábado 11 de maio unha xornada de teatro, xogos e concertos para todas as familias do Apego coa fin de celebrar a nosa lingua.

Ás12:30h - Concerto "Rockeando coas que máis molan" de Pakolas.

Un concerto coa recompilación das cancións que máis molan dos seus discos: Pakolas, Ramona Órbita e A Ramona pequena vai á lúa. A rapazada poderá bailar cancións como Baldomero, o Mero ou Manolo Cavernario.

Ás 16.30h - Xogos do Poporrubio

Compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. Actividade recomendada para maiores de 2 anos.

Ás 17:00h - Contacontos: "Carapuchiña vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goas.

Un espectáculo de narración oral e música, onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai 5 lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. A súa duración é de 30 minutos. Para as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos

Ás 18.30h - Concerto de Paco Nogueiras: "Son Animal".

Un novo espectáculo dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.

A totalidade das actividades están dirixidas a familias con crianzas entre 0 e 6 anos.

Inscricións: a través do formulario habilitado na web municipal a partir das 10:00h do día 6 de maio, con preferencia, os dous primeiros días, para todas as familias inscritas no programa Apego en Oleiros: https://www.oleiros.org/.../aiWOuwpiK6gz/content/id/1150163

Festa da Lingua maio 2024
Data
sábado, 11 maio 2024 12:30  -  20:30
Localización
 

Parque das Torres, Oleiros