Animación e Participación Social

Back PROGRAMACIÓN FINDES DE LECER 2025

O Concello de Oleiros, neste ano 2025, vai a desenvolver unha nova edición  do programa “Findes de lecer”, destinado ao colectivo de persoas con diversidade funcional, ao fin de posibilitar a ocupación do tempo de lecer dunha forma saudable.

Nesta ocasión será unha viaxe convivencial de tres días, a provincia de Ourense.

O obxectivo principal deste programa é potenciar a responsabilidade, a autonomía persoal e social, así como todas aquelas habilidades que favorezan unha axeitada   integración social, no tempo de lecer.

A viaxe será os días os día 20,21,22 no mes de xuño.

Visitaremos o Mosteiro de Oseira, as Termas de a Barca de Barrantes, Allariz, o Castro de San Cibrao de Lás e Carballiño, onde pernoctaremos.

A maiores das visitas culturais, disfrutaremos de distintas actividades de mero de lecer

O período de inscrición para a viaxe será do día 5 de maio ás 10H ao día 12 de maio, ás 8H, as inscricións realizaránse desde a web municipal

Haberá prazas para 15 persoas participantes.

Os requisitos son: 

-Estar empadroadas no Concello de Oleiros.

-Ter certificado de discapacidade.

-Ter entre 12 e 55 anos.

O día 16 de Maio, comunicarase ás  persoas admitidas a adxudicación da praza, e serán citadas xunto coas as familias, para unha reunión explicativa, en Villa Echeverry e así facilitar toda aquela información relativa a actividade.

Se necesita calquera outra aclaración, pode solicitala, chamando ao teléfono de atención veciñal, 981610000, ou ben escribirnos ao correo electrónico, s.sociais@oleiros.org

“A Comunicación Non Violenta nas relacións familiares”

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza unha charla aberta o vindeiro xoves 24 de abril ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

 

O título da charla é “A Comunicación Non Violenta nas relacións familiares” e será impartida por Virginia Pañeda Sanz, experta en educación emocional, en facilitación e no traballo con familias, que xa colaborou en anteriores ocasións nas actividades de Familias Inquedas.

A Comunicación Non Violenta é unha ferramenta que nos permite abordar conversas e interrelacións coas persoas que nos rodean dunha forma mais sana, honesta e respectuosa. O obxectivo da charla é dar a coñecer os seus principios básicos para poder levar a cabo unha comunicación mais consciente e auténtica, na que conectaremos coas necesidades e coas emocións da persoa coa que falamos e de nós mesmas para reducir os conflitos nas relacións.

En moitas ocasións os conflitos no entorno familiar, no traballo, coa veciñanza ou co entorno en xeral, están motivados por uns problemas na forma de comunicarnos. Ser conscientes do erros que cometemos contribuirá a mellorar esas relacións. 

Dende Familias Inquedas quérese transmitir a súa importancia para manter un bo clima de convivencia nas casa, especialmente naqueles momentos nos que a comunicación cos fillos e fillas pode provocar conflitos e situacións de tensión.

Na charla está previsto ofrecer espazos de intervención das persoas asistentes para respostar a cuestións e compartir reflexións.

Ao final da charla informarase dunha pequena formación que se impartirá mais adiante para aquelas persoas interesadas en profundizar sobre esta ferramenta.

Non é necesaria a inscrición previa para asistir á charla.