Actividades sociais

Atrás NOVOS OBRADOIROS DO PROGRAMA FAMILIAS INQUEDAS

O Concello de Oleiros segue a apostar por estas actuacións de calidade para as familias, nas que se oferta unha educación consciente que apoia e permite medrar, tanto a adultos como a menores de idade, nunha boa convivencia na que o diálogo estea sempre presente.

Están dirixidos a apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos e fillas dunha forma respetuosa, baseada na comunicación non violenta, o respecto, a igualdade, a confianza, a empatía e a educación emocional, reforzando os vínculos e as relacións.

O Obradoiro “Educa Bonito” está dirixido a familias veciñas de Oleiros con fillas e fillos de 0 a 10 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: sábado 11 de maio de 10.00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, e o 20, 22, 27 e 29 de maio en horario de 18:00 a 20:00 h. Será impartido por María Soto.

O Obradoiro “Acompañando á adolescencia” está dirixido a familias veciñas de Oleiros con con fillas e fillos de 11 a 17 anos de idade. As sesións serán nas seguintes datas: 7, 9, 14, 21 e e 23 de maio en horario de 18:00 a 21:15 h. Será impartido por Sara Vierna.

Todas as sesións serán nas instalacións de Villa Echeverry en Santa Cristina (Perillo)

As inscricións para estes dous obradoiros serán  na web municipal www.oleiros.org no apartado PARTICIPA a través dos formularios que tes mais abaixo. O prazo de inscrición é do martes 30 de abril ás 10:00 h ata o xoves 2 de maio ás 23:00 h. 


 

A quen vai dirixido?

Familias veciñas de Oleiros con fillas e fillos menores de idade