Actividades infantís

CampaNadal 2023

 Campamento de catro días onde os nenos e nenas a través de actividades dinámicas e educativas,   aprenderán de forma lúdica en contacto coa natureza e co medio, traballaremos na súa autonomía   persoal e na adquisición de hábitos saudables.

 

                   
 

A quen vai dirixido?

  Alumnado de Educación Infantil e Primaria

 

                  
 

                  
 

Data do evento

Do 26 ao 29 de decembro

Horario

de 09.00 a 14.00 h.

Lugar de Celebración

CEIP Isidro Parga Pondal  (se por nº de solicitudes fora preciso un segundo lugar realizaríase tamén no CEIP a Rabadeira.)

 

Inscricións

Prenscripción desde o 1 ao 09 de decembro.

É importante seleccionar o centro escolar preferido.

Inscrición:  do 13 ao 20 de decembro, os participantes con praza terán que formalizar a inscrición preferentemente por correo-e   ensino@oleiros.org , enviando o xustificante de pago cuberto e abonado.

Prezo

25,00 €

Medios de contacto
Outra información de interese

 Reunión informativa o día 21 de decembro as 20.15 h. no Auditorio da Fábrica en Sta. Cristina.

 Código QR inscrición   


 

Formulario de inscrición

Atrás O Apalpador e as palabras perdidas chega a Oleiros o 26 de decembro

A obra conta que o Apalpador baixa cada ano desde o Courel para traer castañas e agasallos e desde que coñeceu a nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.

 A través desta obra buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas, para que poidan volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dunhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.

A quen vai dirixido?

A familias, recomendado para maiores de 5 anos.

Data do evento

26 de decembro

Horario

Ás 18.00 h

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

A partir do 19 de decembro ás 8.30 h

Prezo

Gratuíto

Formulario de inscrición