Actividades infantís

CampaNadal 2023

 Campamento de catro días onde os nenos e nenas a través de actividades dinámicas e educativas,   aprenderán de forma lúdica en contacto coa natureza e co medio, traballaremos na súa autonomía   persoal e na adquisición de hábitos saudables.

 

                   
 

A quen vai dirixido?

  Alumnado de Educación Infantil e Primaria

 

                  
 

                  
 

Data do evento

Do 26 ao 29 de decembro

Horario

de 09.00 a 14.00 h.

Lugar de Celebración

CEIP Isidro Parga Pondal  (se por nº de solicitudes fora preciso un segundo lugar realizaríase tamén no CEIP a Rabadeira.)

 

Inscricións

Prenscripción desde o 1 ao 09 de decembro.

É importante seleccionar o centro escolar preferido.

Inscrición:  do 13 ao 20 de decembro, os participantes con praza terán que formalizar a inscrición preferentemente por correo-e   ensino@oleiros.org , enviando o xustificante de pago cuberto e abonado.

Prezo

25,00 €

Medios de contacto
Outra información de interese

 Reunión informativa o día 21 de decembro as 20.15 h. no Auditorio da Fábrica en Sta. Cristina.

 Código QR inscrición   


 

Formulario de inscrición

Atrás Lydia Botana presenta o domingo De aquí para alá coas emocións, no Auditorio Gabriel García Márquez

A bolboreta máis musical, aquela que viaxara de aquí para alá polo mundo adiante á procura da felicidade para o seu amiguiño africano, ¡perdeu as cores das ás!

Ao principio non sabe que puido pasar pero comeza a comprender as emocións que sente e a coñecerse máis a si mesma, algo que a vai axudar a comunicarse mellor a través da música.

Mediante ritmos e melodías de diversas culturas, descubriremos novos instrumentos musicais e bailes cos que aprenderemos a cantar nas linguas de diferentes terras.

Poderá Bolboreta recuperar todas as cores das ás nesta nova aventura?
 

A quen vai dirixido?

Familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos

Data do evento

Domingo 5 de maio

Horario

12.00 h

Lugar de Celebración

Auditorio Gabriel García Márquez

Inscricións

Desde o luns 29 de abril, ás 10.00 h

Outra información de interese

Terán preferencia as familias inscritas no Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.

Formulario de inscrición