Actividades infantís

Atrás Os contos de Alí, o sábado 13 de abril, na Fábrica

Neste conto Alí coñece a popular figura do “encantamento”, unha fada que vive nun pozo entre as rochas das montañas.

Porén, cada vez son menos as persoas que a visitan alí arriba, polo que ela é a que decide baixar á aldea para poder seguir transmitindo a súa máxica fala. As nenas e nenos achéganse á árbore onde descansa para conseguir as palabras que lles axuden a atopar os maiores tesouros do mundo.

A quen vai dirixido?

Familias con nenas e nenos de 3 a 6 anos

Data do evento

 O 13 de abril de 2024

Horario

Ás 18.00 horas

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

Desde o luns 8 de abril, ás 10.00 h

Formulario de inscrición