Actividades infantís

Atrás Babá-Bebé o sábado 6 de abril na Fábrica

Unha obra de pequeno formato moi estimulante, na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para gozar do paso das estacións, iniciando nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras.
Celtia Figueiras e Topo Vidal, como intérpretes solistas, fan desta obra unha auténtica delicia para os sentidos dun xeito delicado, amable e perfectamente adecuado ás necesidades sensoriais da primeira infancia.

 

 

A quen vai dirixido?

Familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos

Data do evento

6 de abril

Horario

Ás 17.00 h e ás 18.00 h

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

Desde o 1 de abril ás 10.00 h. Terán preferencia as familias inscritas en Apego os dous primeiros días de inscrición.