Descubriremos en familia este máxico recuncho onde se activarán os nosos sentidos da vista, o olfacto e o oído, a través da fermosura do mar. Grandes cantís atravesados polo Seixo Branco que dá nome a esta zona, onde tamén descubriremos as curiosidades da contorna natural que nos rodea, así como as abraiantes furnas ou covas mariñas, e por suposto, unha morea de palabras na nosa lingua para describir a marabillosa paisaxe.
Neste lugar de esplendorosas rochas, as pedras serán as protagonistas do obradoiro de artesanía. Buscaremos en familia o tesouro das "Pedras Máxicas" entre os piñeiros, e faremos despois xuntas os noso propios deseños cheos de cor.
Obradoiro de Artesanía e Natureza: "As Pedras Máxicas" - Pintura en pedra
Duración total: 2.30 h (roteiro + obradoiro)
Familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos
28 de abril de 2024
11.00 h
Seixo Branco
Desde o luns 22 de abril, ás 10.00 h
De balde