O vindeiro sábado 20 de abril terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa ruta de PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA
Nesta ocasión trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal.
Así, deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.
No caso de que só participe un dos proxenitores permítese a inscrición dun máximo dunha persoa adulta acompañando a familia.
No caso de quedar prazas vacantes o Concello resérvase o dereito de valorar a participación doutras persoas vinculadas á familia participante.
A saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas, cun prezo de 23 euros para persoas maiores de idade e 6 euros para as menores.
- As preinscricións das persoas adultas realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 9 de abril ás 10.00 horas.
- No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
- Posteriormente se enviará un formulario de recolllida de datos dos/as menores participantes.
- Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA
20 de abril |
|
Hora de saída |
10.00 h |
Hora de regreso |
18.00 h |
Distancia desde Oleiros |
60 km |
Distancia da ruta |
5,5 km |
Dificultade |
Baixa |
Puntos de interese |
|
Visitacultural: MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) ou olaría de Aparicio (Buño)
|
Familias
Sábado 20 de abril
Todo o día
PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS |
a partir do martes 9 de abril ás 10.00 horas.
23 euros para persoas maiores de idade e 6 euros para as menores.
cultura@oleiros.org