Travesía Unicornio é unha adaptación ao teatro do libro de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Travesía Unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.
Familias con nenas e nenos maiores de 5 anos.
Sábado 16 de marzo
Ás 18.00 horas
A Fábrica
Desde o 11 de marzo ás 10.00 h