Actividades culturais

Atrás O Apalpador e as palabras perdidas chega a Oleiros o 26 de decembro

A obra conta que o Apalpador baixa cada ano desde o Courel para traer castañas e agasallos e desde que coñeceu a nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose… mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar.

 A través desta obra buscaremos, atoparemos e recuperaremos xoguetes e palabras que foron esquecidas por moitas persoas, para que poidan volver ás nosas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dunhas tradicións e dun idioma tan máxicos como fermosos.

A quen vai dirixido?

A familias, recomendado para maiores de 5 anos.

Data do evento

26 de decembro

Horario

Ás 18.00 h

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

A partir do 19 de decembro ás 8.30 h

Prezo

Gratuíto

Formulario de inscrición