Actividades culturais

Atrás Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024

Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)

Xoves 9 de maio ás 19:00 h.

Intervirán as autoras, Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar.

No libro "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas, para o cal tivo que superar moitos obstáculos. Realizou unha brillante carreira no estranxeiro que a converteu nun referente internacional da álxebra. Veu truncadas as súas investigacións ao ter que volver á casa, cando aínda tiña moito que aportar. Os recoñecementos, como tantas veces, chegaron moi tarde.

María José Souto Salorio é catedrática de Escola Universitaria da área de Álxebra na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación nese ámbito do coñecemento. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Ana Dorotea Tarrío Tobar é catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación no campo da xeometría diferencial. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

A quen vai dirixido?

Mocidade e persoas adultas

Data do evento

Xoves 9 de maio

Horario

19:00 h.

Lugar de Celebración

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)