Actividades culturais

Atrás O Roteiro Seixo Branco en familia quedada adiado pola situación meteorolóxica

Descubriremos en familia este máxico recuncho onde se activarán os nosos sentidos da vista, o olfacto e o oído, a través da fermosura do mar. Grandes cantís atravesados polo Seixo Branco que dá nome a esta zona, onde tamén descubriremos as curiosidades da contorna natural que nos rodea, así como as abraiantes furnas ou covas mariñas, e por suposto, unha morea de palabras na nosa lingua para describir a marabillosa paisaxe. 

Neste lugar de esplendorosas rochas, as pedras serán as protagonistas do obradoiro de artesanía. Buscaremos en familia o tesouro  das "Pedras Máxicas" entre os piñeiros, e faremos despois xuntas os noso propios deseños cheos de cor.

Obradoiro de Artesanía e Natureza: "As  Pedras Máxicas" - Pintura en pedra

Duración total: 2.30 h (roteiro + obradoiro) 

A quen vai dirixido?

Familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos

Data do evento

28 de abril de 2024

Horario

11.00 h

Lugar de Celebración

Seixo Branco

Inscricións

Desde o luns 22 de abril, ás 10.00 h

Prezo

De balde

Formulario de inscrición