Actividades culturais

Atrás PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA         

O vindeiro sábado 20 de abril terá lugar  unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa ruta de PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA

Nesta ocasión trátase dunha ruta familiar, dirixida a familias, na que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal.

Así, deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.

No caso de que só participe un dos proxenitores permítese a inscrición dun máximo dunha persoa adulta acompañando a familia.

No caso de quedar prazas vacantes o Concello resérvase o dereito de valorar a participación doutras persoas vinculadas á familia participante.

A saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas, cun prezo de 23 euros para persoas maiores de idade e 6 euros para as menores.

  • As preinscricións das persoas adultas realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 9 de abril ás 10.00 horas.
  •  No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Posteriormente se enviará un formulario de recolllida de datos dos/as menores participantes.
  • Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA

20 de abril

Hora de saída

10.00 h

Hora de regreso

18.00 h

Distancia desde Oleiros

60 km

Distancia da ruta

5,5 km

Dificultade

Baixa

Puntos de interese

  • Río Anllóns e vila de Ponteceso
  • Casa de Eduardo Pondal (non se visita)
  • Observación das aves no Esteiro de Anllóns
  • ZEC Costa da Morte (Rede Natura 2000)
  • Piñeiral de Balarés, área de lecer
  • Miradoiro do Alto das Travesas

Visitacultural: MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia)  ou olaría de Aparicio (Buño)

A quen vai dirixido?

Familias

Data do evento

Sábado 20 de abril

Horario

Todo o día

Lugar de Celebración

PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS 

Inscricións

a partir do martes 9 de abril ás 10.00 horas.

Prezo

 23 euros para persoas maiores de idade e 6 euros para as menores.

Medios de contacto

cultura@oleiros.org

INSCRICIÓN RUTA FAMILIAR 20 ABRIL