Actividades culturais

Atrás PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO: Os actos e as profecías

Dende o Centro Dramático Galego invítannos a participar no Programa de Mobilidade Sobes ao autobús do teatro? para asistir o vindeiro 19 de abril á función 'Os actos e as profecías' no Salón Teatro, (Santiago de Compostela) 

O autobús será gratuito e sairá de Santa Cristina ás 16.00 con volta prevista a última hora da tarde. A actividade está dirixida a público adulto, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas, e a entrada con prezo bonificado será de 3 euros.

Inscricións enviando correo a  r.caparros@oleiros.org  ou presencialmente na Fábrica de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Máis información no Departamento de Cultura: tel. 981610000- ext 4915 e 4916 ou a través do enderezo electrónico r.caparros@oleiros.org

Venres 19 de abril ás 18.00 horas (saída de Oleiros ás 16.00 horas)

Salón Teatro (Santiago de Compostela)

Os actos e as profecías

Autoría: Unha produción do Centro Dramático Galego.

Dirección: Tamara Canosa

Dramaturxia: Xacio Baño e Tamara Canosa

Elenco: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro (COU), Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela e Antía Vidal.

Público: Adulto

Prezo: 3,00 €

Sinopse: Os actos e as profecías' inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para lanzar ao aire elementos como o lugar do público na creación hoxe en día, a fama, a competición e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito.

CARTEL OS ACTOS E AS PROFECÍAS buses Oleiros (002)

 

A quen vai dirixido?

Público adulto

Data do evento

19 de abril

Horario

18.00 horas

Lugar de Celebración

Salón Teatro (Santiago de Compostela)

Inscricións

A partir do mércores 20 de marzo ás 10.00 horas

Prezo

3 euros