O vindeiro sábado 11 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta pola Costa da Morte norte: De Caión ao Porto de Razo
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Esta saída do 11 de maio contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.
- As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 30 de abril ás 10.00 horas.
- No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
- Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
RUTA POLO COSTA DA MORTE NORTE: DE CAIÓN AO PORTO DE RAZO
11 de maio |
|
Hora de saída |
09.00 h |
Hora de regreso |
21.00 h |
Distancia desde Oleiros |
30 km |
Distancia |
18,0 km |
Dificultade |
Media |
Puntos de interese |
|
Visita cultural: murais “Derrubando muros” de Carballo
|
Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
Sábado 11 de maio
Toda a xornada
30 de abril ás 10.00 horas
23,00 euros