Actividades culturais

Atrás RUTA POLO COSTA DA MORTE: DE CAIÓN A PORTO DE RAZO

O vindeiro sábado 11 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta pola Costa da Morte norte: De Caión ao Porto de Razo

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída do 11 de maio contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 30 de abril ás 10.00 horas.
  •  No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA POLO COSTA DA MORTE NORTE: DE CAIÓN AO PORTO DE RAZO

11 de maio

Hora de saída

09.00 h

Hora de regreso

21.00 h

Distancia desde Oleiros

30 km

Distancia

18,0 km

Dificultade

Media

Puntos de interese

  • Caión
  • Praia dos Salseiros
  • ZEC Costa da Morte
  • Leira
  • Pedra do Sal
  • Areal e lagoa de Baldaio
  • Razo
  • Praia fósil de Razo
  • Porto de Razo

Visita cultural: murais “Derrubando muros” de Carballo

BaldaioCaion683033

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

Data do evento

Sábado 11 de maio

Horario

Toda a xornada

Inscricións

30 de abril ás 10.00 horas

Prezo

23,00 euros

INSCRICIÓN ANDARES