Atrás CONCERTO DE GUADA

A artista arxentina Guada actúa o vindeiro sábado 27 de abril no Auditorio da Fábrica en Santa Cristina ás 20:30 horas dentro do VII Ciclo Metropolitano pola Igualdade na música e nas artes Elas Son Artistas.

Guadalupe Álvarez Luchía nace en Bos Aires en abril de 1984, así que chega a Oleiros con nova década recén estreada. É actriz, cantante e compostira. Ten actuado en obras tan importantes como Bodas de sangre co centro dramático nacional. 

Actualmente está centrada na parte musical da súa carreira, na que xa ten colaborado con artistas como Jorge Drexler ou Las Migas e acaba de editar o seu último disco titulado Cuero. O folklore latinoamericano é o protagonista do mesmo, recuperando pezas e dándolle o seu toque persoal. 

O directo, en formato trío, será un luxo para quen guste de artistas como Silvia Pérez Cruz ou Rozalén. O custo da entrada é de 4 euros e poderán mercarse dende as 19:30 no propio auditorio da Fábrica.

Data do evento

Sábado 27 de abril ás 20:30 horas

 

Horario

20.30 horas

Lugar de Celebración

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Prezo

4,00 euros