Actividades culturais

Atrás Andares por Galicia. A Cultura da Natureza

O vindeiro sábado 6 de abril dará comezo unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta polos chozos do Suído

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Como novidade nesta edición incorporamos 2 rutas familiares, dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, acompañados/as de pai, a nai ou titor/a legal.

Esta saída do 6 de abril contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do 26 de marzo ás 10.00 horas.
  •  No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
  • Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

RUTA POLOS CHOZOS DO SUÍDO

6  de abril

Distancia desde Oleiros

162 km

Distancia da ruta

16,0 km

Dificultade

Media

Puntos de interese

  • Miradoiro da Laxe
  • Fervenza de Casariños
  • Chozos de Casariños e da Laxe
  • Miradoiro Xesteira de Airoa
  • Área de recreo de Airoa e de Chan do Porto
  • Pedra de Abalar
  • Río Valdehome
  • Coto dos Ladróns e Pepa A Loba

Visita cultural:  Centro arqueolóxico dos Petróglifos de Tourón

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

A quen vai dirixido?

Persoas maiores de idade

Data do evento

6 de abril

Horario

Todo o día

Inscricións

A partir do 26 de marzo ás 10.00 horas.

Medios de contacto