Actividades culturais

Atrás Cantaxoga de Migallas Teatro

 “Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Un dos sktechs é o relativo ao “O rap da lingua“, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.

Duración: 60 minutos

Inscrición: desde o 12 de febreiro ás 10.00 h

A quen vai dirixido?

Familias 

Data do evento

Sábado 17 de febreiro

Horario

18.00 h

Lugar de Celebración

A Fábrica

Inscricións

Desde o 12 de febreiro ás 10.00 h

Prezo

Gratuíta

Formulario de inscrición