Actividades "A porta violeta"

Atrás Móvete+ Obradoiro de actividade física para mulleres con enfermidade oncolóxica. Participa!

O 15 de setembro reiniciouse Móvete+, una actividade física enmarcada no marco de actuación do II Plan de Igualdade que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron.

As actividades realízanse todos os venres entre o 15 de setembro e o 15 de decembro. 

As interesadas en participar, poden inscribirse a través do formulario de inscrición recollido dentro desta publicación. 

Podes solicitar información no 981 60 00 00 (extensións 3503 e 3120) ou a través do correo electrónico igualdade@oleiros.org  

Móvete+ é una actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse: fatiga, sufocos, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria etc. Ao tempo, tamén busca incrementar e mellorar a autoestima das participantes, o seu benestar emocional, a súa sexualidade e as súas relacións sociais, así como tecer unha rede de coidados sobre a que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día.

Podes inscribirte a través do formulario que se recolle ao final desta publicación. 

Para máis información, contacta con nós no 981 610 000 – Ext. 3503 | 3120 e no correo igualdade@oleiros.org ou igualdadeoleiros@gmail.com

Preme no seguinte enlace! Atoparás un vídeo informativo realizado sobre Móvete+: https://photos.app.goo.gl/1ufG4gBfjsAXgYTA7