Actividades "A porta violeta"

Atrás Desinhíbete. Obradoiro de expresión corporal

Desinhíbete foi un obradoiro de expresión corporal desenvolto ao longo do mes de maio de 2023 no marco de actuación do II Plan de Igualdade. Mediante este obradoiro buscouse que as persoas participantes explorasen  a súa desinhibición, conectando coa propia sensualidade a partir de dinámicas teatrais, de movemento, xogos e conversas a través das experiencias vividas, enfrontando a propia vergoña e aprendendo a confiar no propio instinto, coa finalidade de moverse con liberdade e espontaneidade.

Esta actividade estivo desenvolta no marco de actuación do II Plan de Igualdade e, con el, buscouse aumentar a propia valentía e diversión, reconectando co corpo a través da aceptación da corporalidade con naturalidade, fortalecendo a autoestima e o autoconcepto. Así, foi un convite a observar o propio corpo desde a curiosidade, o desfrute e a expresión, desde un espazo seguro onde compartir e integrar emoción e conceptos arredor dos lugares propios e o relacional, desde un marco de coidado, escoita e bo trato.

Así, con este obradoiro buscouse:

  • Re - Activar a conexión corpo mente.
  • A aceptación persoal.
  • Recuperar a liberdade física e mental.
  • Aprender a valorar, a coidar, a querer e a apreciar o propio corpo, establecendo con el unha relación positiva.
  • Reforzar o respecto ao espazo individual e colectivo.
  • Chegar a estados de benestar a través de diferentes dinámicas e músicas.
  • Tomar consciencia corporal.
  • Visibilizar, valorar e potenciar as fortalezas individuais e colectivas.
  • Facilitar a autoescoita e a conexión grupal.

Durante as sesións, traballáronse os seguintes contidos:

  • A persoa como ser integral biopsicosocial.
  • Círculos de expresión/emoción.
  • Desinhibición física, oral e comunicación non verbal.
  • Movemento: descubrir o movemento natural individual.
  • Relaxación e consciencia corporal.
  • Xogo cooperativo, rítmico, de motricidade e sensopercepción.

Desinhíbete foi, esencialmente, un obradoiro vivencial, sendo o corpo é o centro das emocións e vivencias. Como tal, traballouse cunha metodoloxía activa e lúdica, baseada no movemento corporal, creando un clima onde as persoas participantes lles resultase doado falar, expresar as súas emocións, preocupación e dúbidas, así como exteriorizar as súas habilidades e talentos.

Ao final desta publicación, recóllense algunhas imaxes das diferentes sesións.