Actividades "A porta violeta"

Atrás Encantada de coñecerme. Obradoiro de auto coñecemento activo e saúde sexual a partir dos 60

Encantada de coñecerme foi un obradoiro de autocoñecemento activo, benestar e saúde sexual dirixido a mulleres a partir dos 60 desenvolto desde o Concello de Oleiros no marco de actuación do II Plan de Igualdade en marzo do 2023. 

Encantada de coñecerme foi un obradoiro de autocoñecemento activo, benestar e saúde sexual dirixido a mulleres a partir dos 60 desenvolto polo Concello de Oleiros no marco de actuación do II Plan de Igualdade. Con este buscouse aumentar os coñecementos das participantes, en conexión coas súas propias vivencias, dar resposta ás súas inquietudes, naturalizar e normalizar diferentes situacións e ofrecer unha base común que garanta a toma de decisións autónomas sobre a súa saúde sexual, sexualidade e relacións.

Ademais, procurou en todo momento crear un espazo seguro e amable, no que as participantes puidense coñecerse e nutrirse para poder vivir de formas máis sás, satisfactorias e pracenteiras consigo mesmas. A partir de dinámicas e postas en común e de diferentes experiencias, traballouse a relación co propio corpo e a saúde sexual.

Así, con este obradoiro buscouse: 

  • Posibilitar un espazo de reflexión onde as relacións estean baseadas na igualdade, o respecto e a responsabilidade.
  • Traballar a conceptualización bio-psico-social da sexualidade.
  • Informar sobre anatomía e pelviperineoloxía.
  • Identificar os roles e mandatos asociados á sexualidade e a súa interiorización bio-psico-social.
  • Aprender a valorar, a coidar, a querer e a apreciae o propio corpo, establecendo con el unha relación positiva.
  • Informar e experimentar estratexias de coidado do chan pélvico.

Durante as sesións, traballáronse os seguintes contidos:

  • Concepto de sexualidade, saúde sexual e outras cuestións afíns.
  • Autoestima e benestar.
  • Momentos vitais clave.
  • Anatomía e fisioloxía da sexualidade e a erótica.  
  • Resposta sexual humana.
  • Hixiene e coidados.
  • Relacións de parella. Creación de relacións positivas e saudables.

Traballouse cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un ambiente acolledor e agradable, no que resultase doado falar das propias emocións, preocupacións e dúbidas.

Ao final desta publicación, recóllense algunhas imaxes das diferentes sesións.