Atrás Obradoiro do corpo

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal deseñada para mulleres, que ten por obxectivo o apoderamento persoal e colectivo, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as mulleres participantes.

Durante as sesións traballaranse diferentes aspectos tales como a conciencia corporal, o benestar postural, os estiramentos, a respiración e a relaxación, a tonificación muscular, a autoestima, así como exercicios e actividades para diferentes patoloxías.

O Obradoiro do corpo está dirixido a mulleres empadroadas no Concello de Oleiros con menos de 60 anos.

Celébrase todos os mércores do 13 de setembro ao 20 de decembro, en horario de 10:00 a 11:30 (Grupo 1) e de 11:30 a 13:00 (Grupo 2) na Casa da Cultura de Perillo (Praza da Cultura, s/n).

Preme aquí para ver un vídeo resumo do Obradoiro do Corpo! 

Podes inscribirte a través do enlace ao formulario recollido ao final desta publicación. 

Participa!