Atrás Guía de Actividades 8M [Semente de vencer]

Nesta publicación recóllese a Guía de Actividades desenvoltas no municipio no marco de conmemoración do 8 de Marzo de 2024, Día Internacional das Mulleres 

Neste mes de marzo que se conmemora o día 8 o Día Internacional das Mulleres, para seguir celebrando, pero tamén reivindicando, a presenza das mulleres en todos e cada un dos sectores que conforman a vida e o desenvolvemento humano, no Concello de Oleiros realizaranse diversas actividades ao longo de todo o mesmo. Coa finalidade de achegar á poboación oleirense, e conmemorar e reivindicar conxuntamente, as múltiples actividades que se van realizar, realizouse unha Guía na que se recompilan todas elas, indicando datas, horarios e lugares de realización. Agardamos que vos sexa de utilidade.

Porque no Concello de Oleiros, seguimos plantando, semente de vencer.