Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30) e agosto (de 20:00 a 22:00). Participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco...
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.
O sábado 6 de xullo comezan as actuacións cos concertos de “Steel Wire” (versións dos 60´ ata a actualidade) na contorna do Porto de Santa Cruz, “Dos en punto” (pop dos 80´) en Mera contorna terrazas da praia, “Sophie Simonds” (multiinstrumentistas) na Avda. Santa Cristina e “Grupo Fua” (pop bandas sonoras e cuarteto de corda) na Praza Afundida de Santa Cristina.
Hemeroteca
Dende Outubro 2010
O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.