Oleiros, 19 de abril de 2021-. O domingo 25 de abril ás 12.00 h terá lugar na Fábrica a obra Aibo. Este espectáculo está recomendado para maiores de 3 anos e forma parte da programación do Apego.
Aibo é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. Aibo significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carrapuchiña Vermella. Trátase dunha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.