Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 6 outubro 2023

"Monstr3s" de Laura Parrula e Óscar Villán. "A muller xabaril" de Fina Casalderrey.

- Infantil (menores de 6 anos):

Monstr3s, con textos de Laura Parrula e ilustracións de Óscar Villán
Patasdepeixe

Como cada noite chega a hora de durmir e o neno pide deixar a luz acesa do dormitorio porque ten medo do monstro de debaixo da cama...

- Mocidade e persoas adultas:

A muller xabaril, de Fina Casalderrey
Xerais

Versión dixital en Galiciale

Fina Casalderrey novelou a historia de Adelina, unha muller que viviu a principios do século XX na aldea pontevedresa de Santa María de Xeve.
A autora define esta obra como unha novela con algunhas migallas de verdade porque a muller xabaril, tal e como acredita a fotografía que incluíu na novela, existiu de veras.
Iremos coñecendo quen foi esta estrafalaria muller e a durísima historia que ten detrás a través de Ramiro, un mestre de matemáticas xubilado que a coñeceu cando era neno.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

back link