Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os mellores oleiros da península expoñen e venden as súas pezas ata o domingo no parque Luís Se

 Oleiros, 5 de agosto de 2020-. O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolleu a inauguración da XXVI edición de Alfaroleiros. O acto contou coa participación de máis dun cento de persoas, así como da presenza do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de representantes da Xunta de Galicia e de alcaldes e alcaldesas de varios municipios.

O inicio da feira de olería estivo marcado polas intervención de Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia ; e máis do Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. O alcalde animou á poboación a participar activamente da feira de olería popular máis importante da península, gozar das formas, da arte, da cultura e de todas actividades propostas. Neste acto inaugural lembrou tamén a figura de José Mª Kaydeda, impulsor e artífice da celebración da feira e do Museo Os Oleiros, que neste 2020 cumpriría 100 anos. O acto de inauguración finalizou co desexo por parte do goberno municipal de que, a pesar da situación provocada pola pandemia COVID-19, a feira de oleiría Alfaroleiros sexa un fito para a reactivación do ámbito económico e cultural no noso municipio.
 
A feira rematará o domingo 9 de agosto. Ata ese día os oleiros participantes expoñerán e venderán as súas pezas en horario de 10:00 a 22:30 horas. De xeito paralelo á feira haberá numerosas actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos.
 
A feira conta con todas as medidas hixiénico-sanitarias pertinentes mais lémbrase aos participantes que se deben gardar as distancias de seguranza e máis o uso da máscara hixiénica.
 
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES 
Mércores 5 de agosto:
- 22:15h, Proxección “Asterix: o segredon da poción máxica” (Praza Esther Pita)
Xoves 6 de agosto:
- 20:00h, “Concerto Punkinfantil”, de Peter Punk e Brais das Hortas (Parque Luis Seoane)
- 22:15h, Proxección “O que arde” (Praza Esther Pita)
Venres 7 de agosto:
- 18:00-20:00h, Concerto participativo “Testus” de Ernest Martínez (Parque Luis Seoane)
- 20:00h, “A tropa do doutor Milagre” Inventi teatro (Parque Luis Seoane)
- 22:30h, Concerto SES (Praza Esther Pita)
Sábado 8 de agosto:
- 12:00-14:00h, Concerto participativo “Testus” de Ernest Martínez (Parque Luis Seoane)
- 19:00-21:00h, Obradoiro “O barro nas túas mans” (Parque Luis Seoane)
- 22:30h, Concerto do grupo “Blues do país e o sindicato da verbena” (Praza Esther Pita)
Domingo 9 de agosto:
- 20:00h, Paporrubio (Parque Luis Seoane)
- 22:15h, Proxección: “Os futbolísimos” (Praza Esther Pita)
 
 
 
 
back link