Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros terá outros 69.400 metros cadrados de zona verde entre Bastiagueiro e As Galeras

Oleiros, 19 de abril de 2016-. O Concello adquirirá o solo comprendido na zona verde que vai desde a praia de Bastiagueiro e a rúa Fieitos ata o actual parque das Galeras. Este ámbito, afectado pola zona de costas e polo tanto non construíble, unirá o porto de Santa Cruz coa praia de Bastiagueiro como espazo verde e de ocio. O novo espazo incrementará as zonas verdes municipais en 69.400 metros cadrados.

Tal e como explicou esta mañá o alcalde, os terreos adquiriranse por compra directa cos propietarios. No caso daqueles casos nos que non queiran vender, o Concello procederá á expropiación. “Nese solo os propietarios non poden facer nada cos seus terreos xa que por lei a zona está protexida ao atoparse a menos de 100 metros do mar”, dixo Ángel García Seoane.
 

back link