Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Oleiros no gaña cartos coas escolas municipais de música e danza

Oleiros, 8  de xullo de 2014-. En relación á información publicada polo diario La Opinión de A Coruña na súa edición de hoxe na que se sinala que o Concello gaña máis do previsto coas escolas de música e danza, o Goberno local quere aclarar que o Concello de Oleiros non gaña nin un euro coas actividades culturais que promove, senón todo o contrario, xa que achega importantes sumas de diñeiro para a promoción da cultura, educación e o deporte entre a nosa mocidade.

 
Nos datos que se recollen na memoria de contas do Concello respecto aos ingresos previstos polo Goberno local en relación ás taxas nas escolas de música e danza, a cantidade inicial aumenta por unha maior afluencia de usuarios e usuarias a estes servizos, pero iso non representa ningún beneficio económico. De feito, na actualidade as arcas municipais sufragan unha importante porcentaxe do custo por cada alumno para que estas escolas poidan funcionar. 
 
En concreto, o gasto da escola de música e danza supón un investimento total de 454.319 euros, dos cales os usuarios e usuarias sufragan a través de taxas e matrículas  266.063 euros, mentres que as arcas públicas subvencionan o importe restante, un 42%, que supón un investimento de 188.256 euros. É dicir, Oleiros no fai caixa coa cultura.
 
back link