Oleiros, 18 de xuño de 2012-. O Concello de Oleiros informa de que o prazo para presentar ofertas para a xestión do complexo hostaleiro a Casa do Arxentino permanecerá aberto ata o próximo día 29 deste mes. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recordou que só poderán optar á explotación desta instalación municipal situada en Mera aquelas empresas ou persoas que acrediten experiencia no sector hostaleiro. As persoas interesadas deben dirixirse ao departamento de contratación do Concello de Oleiros.
A Casa do Arxentino é unha antiga residencia Indiana reconvertida en complexo hostaleiro, conta cunha zona habilitada para restaurante na planta baixa e outra para actividade hoteleira na planta alta que dispón de seis habitacións dobres.