Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Museo Os Oleiros acolle un obradoiro para crear pezas de barro

Oleiros, 19 de abril de 2018-. O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro de primavera. Trátase dunha actividade para todas as idades na que as persoas participantes aprenderán da man da ceramista Susana González Amado as diferentes técnicas empregadas polos oleiros para reproducir a beleza da natureza nas súas pezas.

O obradoiro consta de tres xornadas, os días 5, 12 e 19 de maio. Así mesmo haberá dúas quendas: de 10:30 a 12:00 h e de 12:30 a 14:00 h -cun máximo de 15 persoas por grupo-.

Para obter máis información e inscribirse, as persoas interesadas deben dirixirse ao Museo Os Oleiros, no centro cultural As Torres de Santa Cruz, ao teléfono 981 626 692 ou ao correo electrónico museos@oleiros.org.
 

back link