As retiradas de árbores do espazo público foi a actividade máis repetida do Servizo Municipal de Emerxencias durante o primeiro trimestre do ano, con 57 exemplares que debido a distintas causas supuñan unha ameaza para a seguridade das persoas. Tamén houbo 17 sinistros de tráfico (9 con feridos), 9 intervencións sobre postes e cables e 12 por incendios, dos que 6 foron en vivendas, un nun coche e 5 noutros elementos; e varios rescates de animais domésticos.
Dentro do capítulo do que internamente denominan “asistencias técnicas” tamén figuran 6 limpezas en vías públicas, 5 retiradas de obstáculos, 5 intervencións en saneamentos de tellados e 2 en fachadas. Tamén acudiron en 5 ocasións a retirar obstáculos, 2 medicións de gas, 2 derrubamentos e 2 aperturas forzadas, ademais doutras xestións e comprobacións preventivas.
En canto aos días da semana, os máis tranquilos foron os sábados, con 15 intervención, seguidos por mércores e domingos, con 16. Os días con máis actividade foron os luns, con 31 accións e os xoves, con 26. Case todas as operacións (147) foron en Oleiros, agás unha na que se acudiu ao concello veciño de Sada.