Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza unha viaxe cultural a Estremadura para a ponte de Semana Santa

Oleiros, 2 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, organiza unha viaxe cultural a Estremadura que se levará a cabo do 5 ao 8 de abril de 2012, durante a ponte de Semana Santa. A actividade está dirixida exclusivamente para maiores de 18 anos e en total ofértanse 34 prazas.

O prezo desta visita cultural é de 350 euros. A viaxe inclúe o traslado en autocar, o aloxamento en hotel de 4 estrelas e visitas guiadas a Cáceres e Mérida. Así mesmo, tamén está incluído no prezo as entradas para o anfiteatro romano de Mérida e unha visita a Trujillo. Así como o almorzo dos días 6, 7 e 8 e o xantar dos días 5 e 8. Para obter máis información e reservar pode poñerse en contacto co Departamento de Cultura, no portal web municipal ou a través do teléfono 981 610 000.

 

back link