Oleiros, 24 de abril de 2018-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 12 de maio unha ruta de sendeirismo pola zona da Fonsagrada. As persoas participantes realizarán a Ruta de Gallol e ascenderán á Pena Guímara.
A ruta comprende o paso polo núcleo do ZEC Carballido; ZEC Río Eo e Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón; Aldea de Vilardíaz; Hórreos de Romeán. Tamén se realizará unha visita á espectacular ferevenza de Seimeira de Vilagocende e ao Museo Comarcal Etnográfico da Fonsagrada. A distancia a percorrer é de 15 km e está cualificada como de dificultade media-alta.
Ofértanse 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. O prezo é de 22 euros.
Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou dos correos electrónicos
cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.