O Concello organiza ao longo de todo o curso escolar numerosas actividades complementarias á formación curricular, que se ofertan gratuitamente ás direccións e profesorado de todos os colexios e institutos, cun investimento de 532.000 euros. Dentro dese amplo programa, o alumando de diversos centros está a asistir estes días nas Torres de Santa Cruz a un espectáculo/recital multimedia da insigne poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional no ano 2023.
Neste innovador formato, Yolanda Castaño conduce os seus versos co apoio de efectos de son e proxección de vídeos. Unha fórmula de éxito para conectar con públicos máis familiarizados coa música ou o audiovisual que co xénero poético.
Con esta actividade o Concello pretende fomentar a lectura como fonte de pracer máis alá da aprendizaxe e estimular a educación visual ofrecendo claves emocionais para interpretar a poesía.