Esta situación vai provocar unha sobrecarga do traballo dos excelentes profesionais pediátricos que atenden os nenos e as nenas de Oleiros e un colapso nas citas. O Concello de Oleiros reclama que a Xunta cubra as vacacións dos facultativos e non se recorten servizos.
O déficit de pediatras existente non é novo, xa vén de anos atrás. Xunta e Estado deben adoptar os cambios oportunos para a formación dos pediatras necesarios para o correcto funcionamento do sistema sanitario. A saúde dos nenos e nenas debe ser a prioridade número un da sanidade.