Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello creará 54 vivendas a prezos inferiores aos de mercado para os veciños e veciñas de Oleiros

O Concello creará 54 vivendas de prezo público establecido polo propio concello en tres lugares espléndidos do municipio: o alto de Perillo, Xaz e Mera. As parcelas para os tres edificios sairán nas próximas semanas á venda para seren adquiridas por algunha empresa construtora ou cooperativa de persoas, que poderán presentar ofertas para a construción dos pisos seguindo as pautas establecidas polo Concello. 

Os edificios estarán situados na rúa Dona Emilia en Perillo (13 vivendas), na rúa Eduardo Galeano en Mera (19 vivendas) e na urbanización de Xaz (22 vivendas). Estes pisos de prezo taxado polo Concello forman parte de espazos urbanizados de alta calidade e onde tamén se edifican vivendas de promoción libre, co obxecto de que as novas vivendas de promoción pública dispoñan das mesmas condicións urbanísticas que as de promoción privada.

Para poder adquirir unha destas vivendas, realizarase unha convocatoria pública dirixida a veciños e veciñas de Oleiros exclusivamente. En base aos criterios fixados, que se farán públicos tamén proximamente, crearase unha listaxe de persoas que poderán optar á compra. 

Esta política de promoción de vivenda, á marxe das flutuacións do mercado inmobiliario, está dirixida a paliar as ineficaces e case inexistentes políticas de vivenda de Xunta e Estado. O Goberno municipal leva creadas 752 vivendas de protección.
 

back link