Para continuar prestando o servizo de forma axeitada, precisan adquirir un pequeno vehículo de segunda man para facer compras de subministracións no poboado máis próximo –a 7 km de distancia-, un ordenador, ventiladores e aire acondicionado, mobiliario e un forno; que serán financiados integramente polo Concello de Oleiros a través desta subvención.
As Mercedarias Misioneras de Berriz é unha orde relixiosa que traballa en diferentes lugares do mundo en favor de diferentes colectivos desfavorecidos. O Concello de Oleiros leva décadas colaborando con esta congregación relixiosa polo seu extraordinario labor e a súa impecable e honesta traxectoria.