Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello atenderá presencialmente asuntos urxentes e imprescindibles, con solicitude de cita

Oleiros, 22 de abril de 2020-. Aínda que todas as instalacións municipais permanecen pechadas ao público, as oficinas xerais do Concello de Oleiros abrirán a partir de mañá, con cita previa, para a realización de trámites que se consideren urxentes ou imprescindibles que non se poidan realizar telematicamente. Ademais das mascarillas e dos guantes cos que está equipado o persoal municipal foron instalados uns paneis de protección nos mostradores de 1,60 metros. 

 
Aínda que a Sede Electrónica permite realizar numerosos trámites en liña, será posible acudir ao rexistro municipal de maneira presencial solicitando cita previamente. As persoas interesadas deberán chamar ao 981 610 000. 
 
Para dirixirse directamente ás distintas áreas municipais pode utilizarse o 981 610 000 e marcar as seguintes extensións: Servizos Sociais e Igualdade (3500), Servizos Municipais (4501), Orde Público (1274), Recadación (2807), Alcaldía (1213), Ensino e Xuventude (4903), Formación e Emprego (4602), Comunicación (1215), Obras Públicas (2207), Recursos Humanos (1143), Cultura (4915), Deportes (4906), Bibliotecas (4701), Novas Tecnoloxías (2301) e Normalización Lingüística (4905). Na web municipal tamén están dispoñibles os correos electrónicos de todos os departamentos municipais.
 
back link