A situación que se denuncia é a falta de profesorado para cubrir as gardas e de persoal de apoio. Actualmente o centro ten unha poboación escolar de 450 alumnos e 37 membros do profesorado. Isto implica que cando falta algún membro do claustro, non contan con persoal para cubrir gardas e incluso pode suceder que se atopen na situación de que un só mestre se teña que facer cargo de dúas aulas ao mesmo tempo; esta escaseza implica igualmente unha redución nos tempos que o profesorado pode dedicar á coordinación e á atención de proxectos didácticos. Así mesmo, o persoal de apoio é insuficiente para cubrir todas as necesidades do alumnado.
A ANPA informa que teñen previsto levar a cabo mobilizacións todos os luns ata que a situación se resolva.