Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello alerta á veciñanza de chamadas sospeitosas para intentar acceder a domicilios

Veciños e veciñas de Iñás comunicaron ao Concello que recibiran unha chamada telefónica por parte dun individuo solicitando cita para analizar a calidade de auga nos seus respectivos domicilios. Nin o Concello, nin a empresa municipal de auga, Aquaoleiros, teñen nada que ver con estas chamadas.

Desde o Concello recoméndase a toda a veciñanza que extreme as precaucións ante a posibilidade de que se trate dalgún tipo de estafa ou un intento de acceder aos domicilios con outros fins delituosos.
 

back link